Home Lugo e contorna Lugo Detido un home en Lugo por falsificar partes e xustificantes de ausencia laboral

Detido un home en Lugo por falsificar partes e xustificantes de ausencia laboral

0
Detido un home en Lugo por falsificar partes e xustificantes de ausencia laboral
Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL

Axentes de Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home de mediana idade como presunto autor dun delito de falsidade documental, por presentar documentación irregular para xustificar as súas frecuentes ausencias no seu posto de traballo.

A investigación iniciouse o mes de xaneiro, cando responsables da empresa onde traballa o sospeitoso, un centro social da cidade, denunciaron que este empregado faltaba no seu posto de maneira reiterada e de difícil xustificación.

A Policía comezou as pescudas para comprobar a validez dos documentos que o traballador achegaba para xustificar esas ausencias, tomando declaración ás persoas que, supostamente, validáranos ou selado.

Deste xeito, os investigadores puideron comprobar que o home falsificara polo menos 5 deses xustificantes, tanto documentos de servizos sanitarios como dun centro de formación público.

Por todo iso, procedeuse á detención deste home, que xa tivera problemas administrativos no ámbito da súa profesión, e puxéronse os feitos en coñecemento do xulgado de instrución de garda.

+ posts