Home Lugo e contorna Lugo Interceptado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico con sillín sen permiso de ciclomotor de dúas rodas

Interceptado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico con sillín sen permiso de ciclomotor de dúas rodas

0
Interceptado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico con sillín sen permiso de ciclomotor de dúas rodas
Patinete eléctrico con sillín interceptado en Lugo.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local de Lugo interceptou na tarde do venres un patinete eléctrico con sillín, que responde á categoría de ciclomotor de dúas rodas, cuxo condutor carecía do permiso para conducilo.

Eran sobre as 18,30 horas cando unha patrulla da Policía de Barrio detectaba pola avenida da Coruña este vehículo. Os axentes comprobaron que pola súa configuración –altura do sillín, sen pedais e potencia do motor– pertencería á categoría L1.eB, é dicir, aos ciclomotores de dúas rodas.

Os policías comprobaron que o condutor non dispuña de permiso de condución da clase AM, polo que trasladaron a dependencias da Unidade de Atestados do corpo municipal, onde se instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido. O patinete quedou inmobilizado.

+ posts