InicioLugo e contornaSOS no Banco de Alimentos de Lugo, só ten reservas para dous...

SOS no Banco de Alimentos de Lugo, só ten reservas para dous meses

Ten carencia de fariña, azucre, aceite de xirasol e lentellas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Lugo só ten reservas para dous meses e presenta carencias de fariña, azucre, aceite de girasol e tamén lentellas. A presidenta do banco, Amadora Núñez, precisou que teñen “seis produtos básicos, que son o arroz, a pasta, a fariña, o azucre, o aceite de xirasol e as lentellas”. “Tendo iso xa temos todo”, explicou.

Amadora Núñez constatou que van tirando con “o arroz e a pasta, pero de lentellas, fariña, azucre e aceite de girasol “apenas teñen” nestes momentos. Así deixou de caer que “as reservas” aguantarán “como moito, dous meses”. O Banco de Alimentos de Lugo atende a unhas 2.000 familias da provincia –na capital, Monforte e A Mariña–.

Amadora Núñez puxo o acento en que “as reservas de marchan voando”, alertando de que “é tanta a xente, tanta a necesidade e tal cantidade de solicitudes, que fan que, segundo entran as cousas, estas desaparecen”. “Hai que estiralo (o da repartición de alimentos) porque ademais non poden ir comprar. Hoxe un quilo de macarróns vale un euro corenta cando antes custaba 79 céntimos”, explicou.

“Agora se compramos no banco 10.000 euros en comida, é como cando antes se pagaban 5.000 euros“, ilustrou a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...