InicioSucesosPiden "a maxima pena" para o procesado polo dobre crime do Cash...

Piden “a maxima pena” para o procesado polo dobre crime do Cash Record

O principal inculpado é un hostaleiro que contaba cun negocio no centro de Lugo en 1994 e que agora reside en Burgos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias do dobre crime do Cash Record, na cidade de Lugo, pedirán 20 anos de prisión para o procesado, un hostaleiro que contaba cun negocio no centro de Lugo en 1994 e que agora reside en Burgos.

A irmá dunha das vítimas, Isabel López, confirmou que o xuízo na audiencia provincial arrincará o 6 de febreiro e prolongarase ata cinco días máis. Isabel López constataba que como acusación particular solicitarán “a máxima pena”, aínda que asume con resignación que contan “que non lla van a impor”.

Tamén advertiu que “un dos factores é que nos rexemos pola lei do ano 94”, que é cando se producía o dobre crime, e son “menos anos que si fose actualmente” co actual Código Penal, acreditou.

Con todo, chegarán aos 20 anos de petición de cárcere, á vez que afeou que a fiscalía non acuse. “Iso non o entendemos moi ben, aínda que en función do que pase no xuízo se cadra a Fiscalía cambia a súa postura e ve outras cousas que non viu ata agora. Confiamos que iso vai ser así, que van ir as cousas por aí”, desexou.

DESPOIS DE “TANTA LOITA”

Isabel López celebrou que “despois de tanta loita”, case 30 anos despois, vaia a ter lugar o xuízo contra ese home, que desde o primeiro momento foi o principal sospeitoso para as familias.

“Despois de tanta loita, de tantas cousas que foron quedando polo camiño, xa ía sendo hora de que se celebre o xuízo aínda que nunca vai ser a pena que queriamos, ademais de que non nos van a devolver ás dúas vítimas. Supón unha certa tranquilidade, chegamos ao final do camiño”, congratulouse.

Foi precisamente Isabel López a que se topou cos cadáveres da súa irmá, Elena –caixeira no Cash Record–, e do reponedor Estebán Carballedo, en abril de 1994. O autor ou autores levaron un botín de 5 millóns de pesetas.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...