InicioComarca da FonsagradaBaleiraBaleira convoca unha concentración contra a violencia sexual logo da condena a...

Baleira convoca unha concentración contra a violencia sexual logo da condena a tres persoas por abusos a unha menor

Dous homes e unha muller aceptaron tres anos de prisión por abusar sexualmente de maneira continuada dunha nena, irmá dela, desde os 7 aos 13 anos de idade, en dito municipio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Baleira  convocou para este sábado, día 21 de xaneiro, unha concentración “silenciosa” en rexeitamento aos abusos e á violencia tras coñecerse a condena esta semana de tres acusados de abusar sexualmente dunha menor de idade na devandita localidade lucense.

Por iso, o goberno local levará a cabo unha concentración a partir das 12,00 horas diante das instalacións do Concello en contra destas violencias.

Todo iso despois de que dous homes e unha muller aceptasen tres anos de prisión por abusar sexualmente de maneira continuada dunha nena, irmá dela, desde os 7 aos 13 anos de idade, en dito municipio.

Ante o tribunal da Audiencia Provincial de Lugo, os acusados recoñeceron os feitos, que sucedían habitualmente no domicilio familiar dos procesados, dous irmáns e a muller dun deles. En virtude deste acordo, aceptaron tres anos de prisión eles como autores materiais das agresións e ela como inductora.

O fiscal pedía inicialmente once anos de cárcere para cada un, pero rebaixou a súa petición a tres anos tras recoñecer as atenuantes de dilacións indebidas e reparación do dano. En concreto, tívose en conta que a causa leva paralizada desde 2016 e que os acusados xa indemnizaron á vítima con 50.000 euros.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...