InicioPolíticaO PP de Vilalba organiza unha misa en homenaxe a Fraga polo...

O PP de Vilalba organiza unha misa en homenaxe a Fraga polo seu décimo primeiro cabodano

Segundo informaron os populares, a celebración terá lugar o domingo 15 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Vilalba organizou unha misa en homenaxe ao expresidente galego Manuel Fraga, natural da localidade lucense, con motivo do décimo primeiro aniversario do seu falecemento.

Segundo informaron os populares, a celebración terá lugar o día no que se cumpren 11 anos do seu falecemento: o domingo 15 de xaneiro. Será a partir das 19,30 horas na Igrexa de Santa María de Vilalba.

Os populares trasladan que, con esta misa, queren lembrar a un vilalbés “recoñecido” e considerado “fundador da formación política que foi embrión do actual Partido Popular” e tamén “un dos pais da Constitución Española de 1978”.

Fontes da dirección autonómica do partido que lidera Alfonso Rueda confirmaron a Europa Press que prevé acudir á misa homenaxe de Vilalba o coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel Chapela.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...