InicioSociedadeO HULA xa conta cun novo equipo de braquiterapia que permitirá incidir...

O HULA xa conta cun novo equipo de braquiterapia que permitirá incidir directamente sobre o tumor

Tamén reducirá considerablemente o número de sesións necesarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comesaña asistiu este mércores ao acto de presentación do novo equipo de braquiterapia en Lugo xunto ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares; o director asistencial, Rafael Monte; e o xefe do Servizo de Oncoloxía, Sergio Vázquez.

Segundo explican nun comunicado, con esta nova tecnoloxía, á que o Executivo galego destinou un total de 500.000 euros, a Xunta amplía a carteira de servizos do Complexo Hospitalario de Lugo e, ademais, “continúa coa súa estratexia de ampliar e renovar o equipamento dos centros sanitarios da rede pública galega“.

“Contar con este novo equipo contribuirá a salvar moitas máis vidas e a mellorar a calidade de vida de moitas máis persoas. Contamos con excelentes profesionais na nosa rede hospitalaria pública e dotalos coa mellor tecnoloxía posibilitará que a nosa sanidade siga sendo unha referencia a nivel mundial”, remarcou o conselleiro.

O xefe de Oncoloxía do HULA, Sergio Vázquez, detallou que con este novo equipamento aplicarase radiación, de forma local, no órgano onde está o tumor. “Permitirá reducir de forma significativa o número de sesións necesarias para tratar este tipo de cancros e, ademais, evitará desprazamentos a outros hospitais“, comentou.

MODERNIZACIÓN DE EQUIPOS DE HOSPITAIS GALEGOS

Así, tal e como detallan no comunicado, mediante os fondos de recuperación REACT, os NextGeneration-UE, e as achegas económicas realizadas a través dos orzamentos autonómicos; a Xunta moderniza os equipos do conxunto de hospitais galegos.

Por unha banda, continúa coa renovación de equipos dos tres grandes complexos hospitalarios da Comunidade (A Coruña, Vigo ySantiago) e, por outra, continúa ampliando as carteiras de servizos do conxunto de centros do Servizo Galego de Saúde.

No caso concreto da área sanitaria de Lugo, a Xunta destinou no último exercicio máis de seis millóns de euros, na adquisición de sete novos equipos de alta tecnoloxía.

Concretamente, no ámbito das renovacións, o Executivo galego adquiriu unha nova gammacámara e tres novos TAC para o HULA (un deles con tecnoloxía espectral, que posibilita unha maior precisión e menores doses de radiación).

Ademais, xunto ao equipo de braquiterapia, dotouse á área sanitaria de Lugo do seu primeiro equipo PET-TC, valorado en 1,3 millóns, e que permitirá a realización de probas de diagnóstico por imaxe máis precisas, ademais de evitar desprazamentos a outras áreas sanitarias.

Incorporarase tamén un novo equipo de radioloxía neurovascular intervencionista –valorado en 1,2 millóns de euros–, e que permitirá tratar na provincia patoloxías que ata o momento derivábanse aotros centros sanitarios, como é o caso das trombectomías na fase aguda do ictus.

Doutra banda, durante a súa intervención o conselleiro avanzou o inicio das obras por 1,8 millóns de euros para a instalación de parte destes novos equipos, como é o caso do novo PET, ou da nova sala de Neurorradiología.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...