InicioSucesosSubtraen 26.000 euros a un ancián para pagar supostas débedas de produtos...

Subtraen 26.000 euros a un ancián para pagar supostas débedas de produtos que lle ofrecían a domicilio

Quedaban coa súa vítima e esperábana nos exteriores da oficina bancaria, para que esta retirase os pagos pendentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo detivo a dous homes, veciños da provincia de Pontevedra, acusados de estafar ata 26.000 euros a un ancián ao que esixiron pagos para emendar supostas débedas de artigos que lle ofrecían a domicilio.

Segundo explicaron os axentes, o corpo tivo coñecemento dos feitos o pasado día 4 e, por mor da investigación, puido constatar que a vítima, unha persoa de avanzada idade, retirara no últimos tres meses da súa conta bancaria importantes cantidades de diñeiro, que sumaban uns 26.000 euros.

A vítima manifestou que as retiradas de diñeiro tiñan como finalizade pagar unhas supostas débedas de artigos adquiridos a persoas que se presentaban no seu domicilio para a venda de diversos produtos.

A posteriori, estas persoas púñanse en contacto telefónico para comunicarlle que día se pasarían para cobrar as ditas débedas. Os presuntos autores quedaran coa súa vítima e esperábana nos exteriores da oficina bancaria, para que esta retirase outros 10.000 euros correspondentes a un presunto pago pendente.

As persoas detidas son un veciño de Vigo de 35 anos de idade e un veciño de Redondela de 25 anos de idade e a ambos impútaselles un delito de estafa. Nas actuacións realizadas púidose constatar que os autores traballarían en financeiras, onde supostamente obterían información sobre a vítima.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...