InicioCulturaO BNG realiza unha ofrenda floral ante a estatua de Castelao polo...

O BNG realiza unha ofrenda floral ante a estatua de Castelao polo 73 aniversario do seu falecemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG realizou este sábado un acto de recordo, cunha ofrenda floral, polo aniversario do falecemento de Daniel Castelao.

O candidato do BNG e tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroyo, foi o encargado de realizar a ofrenda coa que os nacionalistas lembran este día.

“Queremos facer este recordo simbólico para lembrar un acontecemento importante na historia do noso país”, afirmou Arroyo, que destacou ademais que “a estatua de Castelao está situada fronte ao hotel no que se celebrou a Asemblea Nacionalista en Lugo hai máis de 100 anos e que foi o punto de partida para o nacionalismo galego contemporáneo”.

Ademais, en Bonaval, en Santiago de Compostela, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu aos actos polo 73 aniversario do falecemento do intelectual galego.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...