InicioSociedadeDez novos bombeiros para a cidade

Dez novos bombeiros para a cidade

Con estas novas incorporacións, o equipo da capital lucense conta xa con 54 bombeiros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Parque de Bombeiros de Lugo sumou 10 novos profesionais interinos despois de superar o proceso de oposición libre. Con estas novas incorporacións, o equipo da capital lucense conta con 54 bombeiros.

Na toma de posesión destes 10 novos bombeiros estivo a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, que avanzou que nos próximos días tomarán posesión dous novos bombeiros en réxime interino.

Ademais, segundo trasladou o Concello, Méndez encomiou o esforzo realizado polos novos interinos e deulles a benvida a “un servizo moi querido pola sociedade lucense”. “Estamos seguros de que o voso traballo estará á altura das expectativas”, manifestou.

Do mesmo xeito, Lara Méndez informou de que a xunta de goberno local desta semana aprobará incluír dúas prazas na OPE de 2024, en previsión da xubilación de dous bombeiros neste exercicio.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...