InicioPolíticaO PSdeG quere que Elena Candia pida perdón a Besteiro tras remitir...

O PSdeG quere que Elena Candia pida perdón a Besteiro tras remitir escritos falsos que propiciaron a súa imputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, emprazou este venres a Elena Candia e ao Partido Popular a que pidan desculpas a José Ramón Gómez Besteiro e á cidadanía.

A socialista trasladou esta petición despois de que se atribuíu á presidenta do PP e candidata á Alcaldía de Lugo, Elena Candia, a entrega á fiscalía duns escritos anónimos que propiciaron a imputación do exlíder do PSdeG e expresidente da Deputación de Lugo na Operación Pulpo.

“Creo que tanto Elena Candia, a título individual, como o conxunto do PP, deberían de estar a se dirixir á cidadanía para pedir desculpas despois de ver como acabou este proceso tan desafortunado“, lamentou.

Nesta mesma liña, defendeu que “deberían pedir desculpas porque foron os que lles deron canle a eses anónimos e trasladáronos, no seu día, á fiscalía”. Do mesmo xeito, sinalou que deberían pedir desculpas “polo que sementaron a través deste proceso ao longo de tantos anos”.

Máxime a unha cidade como a de Lugo, á que agora Elena Candia pretende aspirar á súa Alcaldía. Candia debería de retractarse, dar explicacións de como sucedeu, de por que sucedeu, por que fixeron o que fixeron e, a partir de aí, pedir as desculpas pertinentes á cidadanía”, reclamou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...