InicioSociedadeAprobado por unanimidade o primeiro Plan de Igualdade da Deputación de Lugo

Aprobado por unanimidade o primeiro Plan de Igualdade da Deputación de Lugo

O presidente da Deputación, José Tomé, agradeceu a todas as persoas que fixeron posible a elaboración deste documento a súa "implicación e traballo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Corporación provincial aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado este martes o primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes na historia da Deputación de Lugo.

A institución provincial destacou que se marca así “un fito” no camiño cara á igualdade de xénero real e efectiva sacando adiante co consenso de todas as forzas políticas e sindicais un instrumento de “modernización da administración para seguir avanzando cara a un sistema de xestión máis igualitario no ámbito laboral”.

O presidente da Deputación, José Tomé, agradeceu a todas as persoas que fixeron posible a elaboración deste documento a súa “implicación e traballo”

Neste plan, detallou a Deputación, contémplanse sete eixos de actuación que abarcan todos os ámbitos, desde a selección de persoal á promoción, pasando pola política salarial, a ordenación do tempo de traballo e a conciliación.

A deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, destacou que este Plan de Igualdade xorde como “expresión do firme compromiso deste Goberno coa loita a favor da plena igualdade e dos dereitos das mulleres”, en tanto que é un instrumento “para avanzar na xestión igualitaria no ámbito laboral, que é un dos eixos fundamentais da nosa realización como persoas”.

APOIO A DENUNCIAS DE SANITARIOS

Por outra banda, o pleno da Deputación aprobou unha moción presentada polo Grupo Socialista para instar á Xunta a que cumplala sentencia 05354/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), co fin de “adoptar as medidas oportunas para cumprir coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo e a avaliación dos riscos dos postos de traballo, non só dos médicos de Atención Primaria e de pediatría, senón do conxunto dos profesionais do sistema público sanitario de Lugo e Galicia“. O PP abstívose nesta votación.

A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, denunciou na súa intervención “as condicións laborais do personalsanitario, pola carga de traballo que están a soportar os facultativos”. Unha situación que, engadiu, “vén de confirmar unha sentenza xudicial que sinala que se vulneran eses dereitos, así como as consecuencias do desmantelamento deste servizo público”.

Nesta mesma liña, García Porto acusou á Xunta de desprezar as reclamacións dos profesionais sanitarios ao longo de máis de 10 anos. “Fixeron caso omiso das reiteradas queixas que se formulaban relacionadas coas condicións de sobrecarga de traballo. Desprezaron a creación de prazas MIR propostas polo Goberno do Estado, e tamén o proceso de estabilización dos sanitarios”, reprochou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...