InicioEconomíaA Deputación de Lugo, a primeira de todo o Estado en contar...

A Deputación de Lugo, a primeira de todo o Estado en contar cun sistema “intelixente” para xestionar as estradas provinciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo traballa no deseño e desenvolvemento dun sistema dixital ou “intelixente” para xestionar as estradas provinciais,unha iniciativa “pioneira” no Estado.

Así o anunciou a portavoz do Goberno provincial, Pilar García Porto, tras a xunta de goberno deste venres, na que recibiu luz verde a tramitación da solicitude para captar 1,5 millóns de euros de fondos europeos para implantar iniciativas “pioneiras en materia de transformación dixital e modernización” das administracións locais.

Entre estes proxectos está o sistema dixital co que a Deputación luguesa quere xestionar as estradas da provincia, algo que o goberno augura como “un gran avance en materia de infraestruturas para facelas máis seguras e máis sustentables”.

“É un paso moi importante, porque contamos coa rede de estradas máis extensa de España, a nivel provincial, son máis de 4.200 quilómetros”, subliñou Porto. Con esta petición, a Deputación luguesa aspira “a ser a primeira de toda España en contar cun sistema intelixente” para acceder, tanto ás administracións como aos cidadáns, a información “en tempo real”.

“Estamos a falar dun sistema que vai ser similar a un Google Maps pero para estradas provinciais, permitindo coñecer o estado das estradas, a intensidade de tráfico, as incidencias que poidan aparecer en cada momento en cada unha das vías”, engadiu.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...