InicioLugo e contornaA xuízo despois dez anos a peza principal da Pokémon, que sentará...

A xuízo despois dez anos a peza principal da Pokémon, que sentará no banco a Liñares e outras 10 persoas

O xulgado de instrución número 1 de Lugo decretou a apertura de xuízo oral pola peza principal da operación Pokémon, que sentará despois dunha década da súa apertura ao exteniente de alcalde de Lugo Francisco Liñares e outro dez persoas pola adxudicación do servizo de guindastre municipal na capital luguesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Lugo decretou a apertura de xuízo oral pola peza principal da operación Pokémon, que sentará despois dunha década da súa apertura ao exteniente de alcalde de Lugo Francisco Liñares e outras dez persoas pola adxudicación do servizo de guindastre municipal na capital luguesa.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou este mércores da decisión do xulgado que instrúe a principal peza, que investiga as supostas irregularidades cometidas na concesión á empresa asturiana Cechalva do servizo de guindastre da cidade de Lugo.

O principal acusado é o exteniente de alcalde de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil Francisco Liñares, para quen Fiscalía pide unha condena de nove anos e medio de cárcere e 32 anos de inhabilitación por violación de segredos, suborno, prevaricación e branqueo de capitais.

Ademais do exmandatario municipal do PSOE, que se converteu en marzo de 2021 no primeiro condenado por unha causa derivada da Pokémon, están acusadas outras dez persoas para as que se solicitan penas de entre 2 e 8 anos de cárcere.

+ posts

ÚLTIMAS

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...