InicioSucesosInvestigan a unha veciña de Pol ao atopar 225 plantas de marihuana...

Investigan a unha veciña de Pol ao atopar 225 plantas de marihuana calcinadas na súa vivenda tras un incendio

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil comunicou que investiga a unha veciña do municipio lucense de Pol por un delito contra a saúde pública e outro de defraudación de fluído eléctrico despois de atopar unhas 225 plantas, supostamente de marihuana, totalmente calcinadas, cando se produciu un incendio na súa vivenda o pasado día 18.

Segundo trasladou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar o pasado día 18, cando no transcurso dun incendio no interior dunha vivenda, os medios desprazados ata o lugar observaron nunha habitación da planta inferior varios maceteros con restos de, supostamente, marihuana, un sistema de aspiración de aire, ventiladores, radiadores e focos de iluminación, todos eles calcinados polo lume.

Ademais, na planta superior da vivenda acharon en varias estancias unhas 225 plantas totalmente calcinadas, así como útiles diversos para o seu tratamento e almacenamento. Así mesmo, observaron tamén que o contador eléctrico estaba manipulado, polo que solicitaron á distribuidora que realizase un informe para verificar a súa utilización fraudulenta, confirmando esta que o consumo eléctrico non pasa polo contador.

A Garda Civil informou de que a persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número tres da capital lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...