InicioEconomíaTransportistas aplauden o novo desvío da A-6 en Doncos e consideran que...

Transportistas aplauden o novo desvío da A-6 en Doncos e consideran que é a “mellor alternativa”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación lucense de transporte Aetram aplaudiu este venres o anuncio realizado polo Goberno central de habilitar un novo desvío da A-6 á altura do quilómetro 438, en Doncos, a que ven como a “mellor alternativa” para o tráfico pesado que ve dificultada a saída cara á meseta polo afundimento do viaduto do Castro.

Os responsables do Goberno deron a coñecer este xoves esta decisión nunha reunión por videoconferencia con transportistas. Con este desvío son tres as alternativas que se fixan para circular cara á meseta por Lugo, dúas delas na contorna de Pedrafita e esta última un pouco anterior, en Doncos.

Esta opción é a que levabamos pedindo desde o principio e parece ser que a van dar para diante”, dixo o presidente de Aetram, Diego Arias. Segundo o que lles trasladou o Goberno, fará nesta saída unha rotonda que dea acceso directo á N-6: “É a mellor alternativa, saíndo na 438 desde Doncos, facendo a rotonda e seguindo pola nacional baixaríase o desnivel da estrada a un 8%, agora temos unha subida do 14 ou 15%”, destacou Diego Arias.

Con iso, afirmou Arias, a posibilidade de desvío pola N-120 en caso de neve “queda como recomendación e non como obrigación”.

ÚLTIMAS

O PSdeG confía en que o goberno de Lugo aprobe os orzamentos tras a saída de María Reigosa

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, mostrou a súa confianza en que...

As enmendas do PP de Lugo ao orzamento expoñen execución de obras pendentes e pagos anticipados

O Partido Popular de Lugo presentou este luns un conxunto de emendas aos orzamentos...

A Deputación abre as reservas para rutas en catamarán na Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo activa este mércores o sistema de reservas para solicitar praza...

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...