InicioSucesosServe de algo denunciar os "gorrillas" do HULA?

Serve de algo denunciar os “gorrillas” do HULA?

Este xoves foron denunciados varios deles ata en tres ocasións. Un mesmo rematou atropelado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a catro aparcacoches ilegais, coñecidos como ‘gorrillas’, por senllos delitos de desobediencia grave á autoridade, tras ser apercibidos xa en múltiples ocasións por esta actividade na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). De feito, os axentes levantaron as denuncias despois de que un deles resultase atropelado.

Segundo informa o Concello, ocorreu na mañá do mércores, 9 de novembro, durante un dispositivo especial establecido no ‘leiraparking’ do HULA para combater esta actividade ilegal. Efectivos da Policía de Barrio, a bordo de vehículos rotulados e camuflados, detectaron a catro persoas de 47, 42, 26 e 23 anos de idade indicando aos condutores as prazas libres de estacionamento co “consecuente risco” para a súa integridade física e o resto de usuarios e “causando molestias innecesarias”.

Os axentes identificáronos e formularon denuncias por infracción á Ordenanza de Circulación, polo que lles pediron que cesasen nesta conduta. Con todo, momentos máis tarde, detectaron de novo aos mesmos catro ‘gorrillas’ realizando as mesmas labores e levantáronlles outra denuncia por infrinxir a lei de seguridade cidadá por desobediencia a axentes da autoridade. Nese momento, advertíronlles que persistir na súa conduta “podería ter consecuencias máis graves”.

Posteriormente, xa a media mañá, un equipo de Atestados da Policía Local desprazouse ao ‘leiraparking’ porque se produciu un atropelo. Os axentes ratificaron que estaban as mesmas catro persoas identificadas realizando a mesma actividade ilegal e que a vítima do accidente fora unha delas, polo que xa quedou “acreditado” que a súa conduta na estrada “ponos en grave risco e tamén ao resto de persoas usuarias da vía“.

Os actuantes comprobaron que o ‘gorrilla’ atropelado fora denunciado no que vai de ano ata en 10 ocasións, “evidenciando un desprezo total polas ordes que se lle dan para que cesamento na actividade ilegal”. Así, tanto a persoa atropelado como aos seus tres compañeiros foron denunciadas novamente por un delito de desobediencia grave a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Rumores de moción de censura en Lugo: Candia negocia coa exsocialista María Reigosa

A política lucense encara uns días decisivos ante a inminente posibilidade dunha moción de...

A Policía Local detecta case 400 coches a máis velocidade da permitida nunha semana

A Policía Local de Lugo detectou a 382 coches que circulaban a máis velocidade...

Un total de 300 usuarios en municipios de menos de 20.000 habitantes atendidos en nove residencias da Deputación de Lugo

A proximidade, a atención personalizada e a calidade asistencial definen o modelo de residencias...