InicioEconomíaLugo ten o billete de autobús máis barato de toda España

Lugo ten o billete de autobús máis barato de toda España

A asociación de consumidores detecta diferenzas de ata un 289% na viaxe con bonobús en autobús urbano

PUBLICADA O

- Advertisement -

Utilizar un bonobús ou cartón moedeiro similar que permita o transbordo pode chegar a ter unha diferenza de prezo dun 289,3% segundo a capital de provincia na que se atope o usuario.

É unha das conclusións da comparativa anual de tarifas de autobús urbano realizada por Facua-Consumidores en Acción en 57 cidades españolas, entre as que están todas as capitais de provincia, as dúas cidades autónomas, as capitais de comunidades autónomas que non son capitais de provincia e tres das cidades que teñen maior poboación que as capitais das súas provincias (Xixón, Jerez de la Frontera e Vigo).

A análise contempla as tarifas habituais de cada territorio, e non ten en conta os descontos aplicados de maneira excepcional polo Goberno ata final de ano.

O estudo de Facua mostra que Madrid, San Sebastián e Barcelona seguen sendo as cidades con tarifas máis caras cando se utiliza un bonobús ou cartón moedeiro similar con transbordo, igual que xa ocorría en 2021 e 2020. Mentres tanto, Lugo ten o billete sinxelo máis barato de todas (0,64 euros) e Santiago ten dos abonos múltiples con menor custo por viaxe (0,60 euros).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...