InicioSociedadeA hostalaría de Lugo súmase ao apagamento e quedou á escuras durante...

A hostalaría de Lugo súmase ao apagamento e quedou á escuras durante cinco minutos

O fin é de visibilizar, ás escuras, a situación difícil que atravesa o sector pola subida da luz e os problemas que se arrastran coa crise de prezos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os establecementos de hostalaría en Lugo sumáronse á acción de protesta convocada en varios puntos de España co fin de visibilizar, ás escuras, a situación difícil que atravesa o sector pola subida da luz e os problemas que se arrastran coa crise de prezos.

Segundo os datos que manexa a Federación de Hostalaría de Galicia e a Confederación Empresarial de Hostalaría de España, a enerxía representa entre o 6% e o 8% dos custos dun negocio, polo que unha subida dun terzo pode provocar un aumento de entre o 2% e 3% dos gastos fixos nas empresas do sector.

O custo medio da enerxía nun local de restauración pode situarse nunha media de entre 3.000 e 6.000 euros. A porcentaxe de subida do recibo da electricidade estivo na contorna do 40%, pero advertiu de que “se chegaron a ver casos de incrementos do triplo nas facturas en relación ao ano pasado”.

Ante esta situación, os hostaleiros lamentan a “gran falta de axudas e apoios para a reconversión de instalacións e equipos” e reprochan que “tampouco se dispuxo de axudas para a implantación de fontes de enerxía renovables e sistemas de autoconsumo”.

PARTICIPACIÓN

A Federación da Hostalaría de Galicia animou a todos os locais do sector de Galicia a participar para simbolizar, cunhas velas, que o sector se vai a quedar así, “a dúas veas”. Tratábase, pois, de mostrar a “extrema gravidade que atravesa” o sector.

“O sector fixo melloras na eficiencia do consumo, pero non foron suficientes. Tampouco houbo axudas para a reconversión das instalacións de equipos”, constatou o presidente da federación, Cheché Real.

Os hostaleiros propoñen modificar o cálculo das tarifas, dispor dun estatuto similar ao do consumidor electrointensivo, aprobar bonos eléctricos cos remanentes que quedaron do Covid que ían dirixidos ao sector e que non se empregaron e “rebaixar os impostos eléctricos”, entre as súas propostas.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...