InicioSociedadeA plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo alerta dun "repunte" dos desaloxos na provincia,...

A plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo alerta dun “repunte” dos desaloxos na provincia, a maioría de mulleres

Conta cun claro perfil: no seu maior parte "son mulleres que están soas e non teñen apoio, nin dispoñen de axudas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo alertou este mércores dun “repunte” de desaloxos na provincia, cun claro perfil: no seu maior parte “son mulleres que están soas e non teñen apoio, nin dispoñen de axudas”.

Así o aseverou a presidenta desta entidade, Mina Galván, quen citou o caso “dunha moza que perdeu unha vivenda hai tempo” e que “se lle tentou buscar unha en aluguer, pero non optou ao bono social”.

Tamén deu conta doutra muller “que non pode atopar traballo pola súa enfermidade” e de “unha familia que está fóra porque, por racismo, non atopan piso”. “E son persoas que pagan, simplemente o dono pon como escusa que quere a vivenda para el pero o que quere é subir exageradamente o aluguer”, denunciou.

Outro “caso sanguento”, sinalou a activista, é a “dunha vítima de violencia de xénero, que tiña concedido un bono social”, pero o dono “decidiu non renovar” a axuda e agora ela “está perda para buscar outra vivenda”.

Os desafiuzamentos en Lugo coinciden, segundo asegurou Mina Galván, coincide con que no conxunto da provincia “hai máis de 12.000 vivendas baleiras”, inmobles que neste caso poderíanse empregar para o aluguer a persoas vulnerables ou que están en risco de ser desaloxadas.

ÚLTIMAS

PP de Lugo: “O proxecto industrial de Altri en Palas de Rei é clave para a provincia

O Partido Popular de Lugo asegurou que a Comisión Europea di que o procedemento de...

CSIF denuncia que a Policía Local de Lugo sofre de atrasos nos pagos de servizos extraordinarios

CSIF advertiu ao Concello de Lugo que "emprenderá" as medidas de presión que considere...

Comeza a rehabilitación do Muíño de Olga para ser un espazo de investigación dos recursos hídricos

O arranque das obras de rehabilitación no Muíño de Olga, en Lugo, iniciou a...

Sancionado por tirar botellas de cristal e ouriñar pola xanela durante unha festa no seu piso en Lugo

A Policía Local de Lugo investiga a un mozo veciño da cidade por tirar botellas...