InicioEconomíaA asociación de transportistas de Lugo Aetram considera non "viable" un paro...

A asociación de transportistas de Lugo Aetram considera non “viable” un paro indefinido no sector

O presidente de Aetram, Diego Arias, constatou que se están "facendo consultas entre os socios e que sexan eles os que decidan o que queiran facer", respecto diso dos máis de 300 asociados desta entidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación do transporte de Lugo Aetram “non ve viable” o paro indefinido convocado pola Plataforma en Defensa do Transporte a partir do próximo luns.

O presidente de Aetram, Diego Arias, constatou que se están “facendo consultas entre os socios e que sexan eles os que decidan o que queiran facer”, respecto diso dos máis de 300 asociados desta entidade.

No entanto, Arias observou que “non o ven moi viable”, para seguidamente volver insistir en que asumirán o que “decida a maioría dos asociados”.

O empresario lucense confesou que no sector xa están “bastante amolados”, polo que sostén que “non é o momento” de convocar o devandito paro. “É o momento de seguir negociando e presionar á administración a que cumpra coas leis que aprobou”, invocou.

PROBLEMA A-6

Polo demais, Diego Arias volveu a deixar claro que seguirán “pasando por Pedrafita do Cebreiro”, pese ao desvío habilitado polo goberno a través da Nacional 120 se nieva en Pedrafita.

Arias lembrou que este luns lle presentaron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentáronlle un trazado que é o máis viable que vemos”, ante o derrube do viaduto de O Castro na A-6 .

A continuación volveu a reiterar que “pola N-120 non van ir”. “Imos seguir pasando por Pedrafita e se non nos deixan pasar por Pedrafita quedaremos en casa”. “Pola Nacional 120 non imos ir”, insistiu o presidente de Aetram.

Coa alternativa que expoñen os transportistas, de pasar por Pedrafita evitaríase a pendente actual que teñen que sortear.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...