InicioSociedadeTransportes asegura que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da...

Transportes asegura que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da A-6

Estas obras evitarán o desvío.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, asegurou que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da A-6 no Castro, que servirá como alternativa ao desvío actual, despois de que esta infraestrutura se derrubase o pasado mes de xuño.

Así o sinalou ante os medios de comunicación este venres en Vigo, ata onde viaxou para recibir a Medalla de Ouro da cidade. Pardo de Vera explicou que o Ministerio xa dispón dos informes correspondentes que explican a causa da caída de parte da estrutura da ponte.

Ademais, indicou que a solución pasa pola demolición de ambos os viadutos e a modificación da súa tipoloxía construtiva por unha nova ponte hiperestática con vans de esforzos redundantes, os cales “colaboran uns cos outros”.

“Daranse as explicacións de todos os periciais que se fixeron do derrube e o ano que vén pretendemos xa poder dar paso por un dos viadutos reconstruído cun taboleiro absolutamente novo e con toda a certidumbre. Iso é o que esperamos para o verán do ano que vén”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...