InicioPolíticaO BNG de Lugo quere peonalizar toda a Rolda da Muralla

O BNG de Lugo quere peonalizar toda a Rolda da Muralla

Denuncia os "agravios" da Xunta coa cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Lugo levará no seu programa electoral para as municipais da próxima primavera a peonalización de toda a Rolda da Muralla da capital provincial. O tenente de alcalde, xa confirmado como candidato á alcaldía polos nacionalistas, Rubén Arroxo, deixou claro que “sen dúbida” esta será unha as cuestións a incluír no programa.

Arroxo puxo de relevo que “agora mesmo pola Rolda da Muralla circulan un corenta por cento menos de vehículos que en 2019”. “A xente aposta cada vez máis polo transporte público e por camiñar. Ao final, todas as cidades europeas camiñan cara a iso, usar menos o coche”, sentenciou.

Con respecto ás festas de San Froilán, cuxa organización levan os nacionalistas, que cogobernan co PSOE, Rubén Arroxo queixouse de que a Xunta non colabore na organización dalgunha actividade ou concerto ao amparo do programa Xacobeo.

“Non sabemos que lle pasa á Xunta con Lugo, lembramos o que se fixo coa Tinería, que se deixou abandonada, ou co cuartel de San Fernando”, debullou, entre outros “agravios” do goberno galego coa cidade.

Incidindo sobre isto, queixouse de que “haxa investimentos en grupos de nivel mundial para outras cidades ou para outras vilas e para San Froilán cero euros”. “Non sei que lles fixemos os de Lugo á Xunta, parece que nos teñen teima. Tamén parecía que era cousa do presidente anterior pero o presidente novo ten castigado a Lugo”, censurou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...