InicioSucesosUn condutor resulta ferido en Lugo tras saírse da vía e arder...

Un condutor resulta ferido en Lugo tras saírse da vía e arder o seu vehículo

Foi trasladado ao hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido tras sufrir un accidente de tráfico en Lugo, saírse da vía e arder o seu vehículo, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

Segundo trasladaron fontes de Emerxencias, os feitos ocorreron na noite deste luns, nas proximidades da rotonda de Nadela, na cidade de Lugo. Varios particulares chamaron ao 112 para alertar de que se produciu un accidente de tráfico e que había un incendio.

Desde o 112 mobilizouse a afectivos do 061, Bombeiros de Lugo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e efectivos de Medio Rural (pola proximidade do lume a un piñeiral).

Á chegada de efectivos de Emerxencias, xa había un particular na zona tentando apagar as chamas do coche, para preservar a seguridade do condutor, que estaba ferido. Os bombeiros extinguiron o lume, aínda que calcinou o coche practicamente por completo.

Mentres os servizos sanitarios atenderon o condutor, que sufrira varios traumatismos, e trasladárono ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...

Aberto o prazo do programa Da Escola á Granxa da Vicepresidencia da Deputación

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta...