InicioCulturaAsí será un San Froilán renovado tras as restricións da Covid

Así será un San Froilán renovado tras as restricións da Covid

Haberá ao redor de 200 actividades, máis da metade musicais, e recupera as casetas do polbo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festas patronais de San Froilán comezan o vindeiro martes 4 de outubro e concluirán o 12 con ao redor de 200 actividades, máis da metade musicais, e recuperando as casetas do polbo. Finalmente serán tres cos correspondentes “caldeiros” deste cefalópodo.

Tras dous anos marcados pola pandemia, recupérase presencialidad e tamén as barracas, que se instalarán en toda a Avenida Rodríguez Mourelo e estenderanse polas costas do parque Rosalía de Castro.

Son máis de “duascentas actividades” nunhas festas “moi dinámicas”, que tamén contarán “cunha ampla programación de cultura tradicional galega”. A concelleira de turismo, Maite Ferreiro, destacou que tamén para este ano contarase “novamente con actividades como o Festival de Música Tradicional, a “Verbena Galega D’antes”, a Mostra Tradicional Galega do Domingo das Mozas ou o programa “Cultura Tradicional no Camiño”.

En canto á seguridade, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comprometía que “as festasse  desenvolverán coas máximas garantías, con dispositivos da Policía Nacional, a Garda Civil e o subsector de Tráfico, tanto con patrullas nas rúas como controis nos accesos á cidade amurallada”.

Un San Froilán que contará coas actuacións de Dvicio, Ariel Rot, Kiko Veleno, Treixadura ou o Mago Antón. O pregón desde o balcón do concello, o martes ás 20,00 horas, correrá a cargo da comunicadora Esther Eirós.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...