InicioSociedadeAs anpas de Lugo afean a Feijóo que propoña a gratuidade dos...

As anpas de Lugo afean a Feijóo que propoña a gratuidade dos libros de texto cando el “a eliminou” en Galicia

A presidenta de Federación reclama "un ensino gratuíto" e non facer tal desembolso en material escolar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, afeou ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que propoña a gratuidade dos libros de texto a nivel estatal cando el foi quen “eliminou” esta medida en Galicia.

En declaracións aos medio este martes, a responsable das anpas luguesas denunciou que o inicio de curso na provincia está marcado pola “confusión” e o “caos”, especialmente, á hora de facerse cos libros de texto.

“Estabamos desconcertados sobre o feito de sacar o currículo de infantil cando xa estaban os libros na imprenta”, incidiu Calvete, que tamén pide explicacións á Xunta polo programa Educación Dixital Galego (EDIXGAL), que “funciona nalgúns centros e crea confusión porque nalgunhas partes están a pedir libros para algún curso” que ten este sistema.

Está a pedirse ás familias que compren libros e isto provoca desconcerto e enfado entre as familias porque se teñen o EDIXGAL non teñen por que comprar libros. Cando un colexio se acolle a este programa, as familias dese curso non teñen dereito a solicitar bolsas”, protestou.

Neste sentido, reivindicou “un ensino gratuíto e non facer o desembolso que se fai en libros de texto”, recalcou a presidenta de FAPACEL, que censurou que Feijóo faga súa unha medida que eliminou desde a Presidencia da Xunta.

“Aquí (Galicia) había un sistema de gratuidade de libros de texto que ata que o eliminaron, non pararon. E agora parece ser a bandeira de Feijoo, esa gratuidade de libros. Por suposto que queremos a gratuidade dos libros e do ensino público para todos os nenos e nenas”, aseverou.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...