InicioPolíticaO futuro de Lugo: dixitalización, rehabilitación e máis espazos verdes

O futuro de Lugo: dixitalización, rehabilitación e máis espazos verdes

Entre os obxectivos previstos, "pechar o cinto verde exterior ou a creación dunha rede de corredores naturais nos diferentes barrios" da capital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo xa ten o seu plan de acción de Axenda Urbana 2030. O documento fíxose público este luns por parte do Concello. O executivo que preside Lara Méndez pretende, así, “reforzar a capacidade do concello para optar aos fondos europeos que permitirán á cidade afrontar os desafíos ambientais, socioeconómicos e demográficos” da próxima década.

As liñas estratéxicas do proxecto foron expostas pola concelleira de Cohesión Social, Ana González Abelleira. “Primeiramente destacar a transversalidade de todas as actuacións propostas, arraigadas en dous alicerces fundamentais: a perspectiva de xénero e a sustentabilidade”, destacaba.

Os retos que asumirán de cara aos próximos dez anos pasan “por revisar as formulacións municipais, por protexer e preservar a biodiversidade e por pór en valor os elementos que conforman a insfraestrutura verde e azul con outras medidas”, enumera a socialista lucense.

Ademais, “pechar o cinto verde exterior ou a creación dunha rede de corredores naturais nos diferentes barrios” da capital serán as prioridades para o desenvolvemento da Axenda Urbana 2030 lucense.

Tamén se puntualiza a necesidade de seguir avanzando de cara a unha mobilidade neutra en carbono, cun aumento das peonalizacións, así como con adaptación do transporte urbano ás necesidades dos veciños apostando pola dixitalización.

Outra das tarefas pendentes que se incluirán na axenda do futuro será a de dar solución aos centos de edificios abandonados da capital lucense. “É necesario incidir na rehabilitación de edificios públicos e vivendas privadas, pero tamén na rexeneración dos espazos comúns, reforzando os servizos de benestar para os colectivos máis vulnerables”, afirma Abelleira.

TURISMO SUSTENTABLE

Despois dun verán que recuperou cifras prepandemia no sector turismo, a intención do executivo presidido por Lara Méndez é avanzar nun modelo de turismo sustentable que permita á cidade de Lugo ser un lugar demandado polos visitantes, pero no que se fomenten modelos e condutas respectuosas co “medioambiente”.

Ana Abelleira resaltou o “impulso dinamizador do comercio” e a “reindustrialización” da cidade “fomentando proxectos enerxéticos que afiancen visitas pero tamén asentamento poboacional”, especialmente no rural.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...