InicioCulturaO ciclo Lugo Son elixirá este sábado ao cantautor español revelación do...

O ciclo Lugo Son elixirá este sábado ao cantautor español revelación do 2022

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ciclo Lugo Son elixirá este sábado, 17 de setembro, ao cantautor revelación deste ano 2022. A fase final do concurso de alcance estatal celebrarase no club de arte e música Clavicémbalo e farao en honra á figura de Javier Krahe.

A primeira cita coa canción de autor en Lugo reunirá aos cinco finalistas do concurso, procedentes de diferentes partes do territorio español. Representates de Barcelona, Burgos, Cuenca, Sevilla e Madrid pelexarán sobre o escenario por facerse co título do Lugo Son. Cada cantante tocará, en directo, tres cancións, as mesmas coas que lograron facerse coa súa praza na final.

O organizador do evento, Jairo Varela, asegura que o nivel da preselección foi “altísimo” e non espera unha final “menos rifada”. Haberá un xurado profesional que avaliará “a melodía, a posta en escena, a música e, sobre todo, as letras das cancións” para establecer o veredicto.

Varela apunta que a participación “excedeu todas as expectativas”, de modo que elixir só a cinco cantantes para a final “foi moi complicado”. “Se todo vai ben o sábado, volveremos organizar unha segunda edición de cara o ano que vén. A idea é convertelo nun referente da canción de autor amateur”, comenta.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...