InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaEvacuado en helicóptero a Lugo un tractorista accidentado na Fonsagrada

Evacuado en helicóptero a Lugo un tractorista accidentado na Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un tractorista foi evacuado en helicóptero ao hospital de Lugo tras envorcar o tractor que conducía nunha leira de Lamas de Campos, na Fonsagrada.

Segundo informa o 112, os feitos púxoos no seu coñecemento un particular que chamou ao servizo sanitario pasadas as 19,30 do pasado domingo 28. O condutor atopábase ferido pero puido liberarse mediante os seus propios medios.

Con todo, ao tratarse dunha zona de difícil acceso para os vehículos convencionais, a ambulancia non puido chegar ata o lugar do accidente co cal, Urxencias Sanitaria de Galicia-061 mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense.

O persoal da ambulancia atendeu ao ferido no propio lugar do accidente ata que chegou o helicóptero que o trasladou ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Ademais do equipo de urxencias, na intervención participou a Garda Civil de Lugo e os voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...