InicioComarca de MeiraPolPol recupera a súa homenaxe á emigración tras dous anos de ausencia

Pol recupera a súa homenaxe á emigración tras dous anos de ausencia

Volve tras dous anos de pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A tradicional Festa do Emigrante regresou este mércores a Pol dous anos despois da pandemia e as restricións que impedían o seu habitual festexo. Centos de veciños e de veciñas congregáronse no municipiolucense para render homenaxe a todos aqueles que un día se foron en busca dun futuro mellor.

Á presentación do evento acudiu o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, que lembrou con agarimo “aos veciños que se foron, pero que nunca deixaron de fomentar o arraigamento e orgullo de pertenza a Pol, a Lugo e a Galicia”. Para o mandatario provincial, trátase dunha celebración que “ao mesmo tempo contribúe de maneira moi importante a dinamizar o rural e a economía lucense”.

Desde primeira hora da mañá a música tradicional e os pasarrúas indicaban que a festa volvía a Pol. Tras a tradicional misa, a licenciada en Dereito e xefa de servizo no Ministerio de Xustiza, Beatriz Corbo Tellado, daba o pistoletazo de saída co seu pregón, acompañada do descubrimento da placa do XXXVII aniversario da Festa ao Emigrante.

Moita música serviu para amenizar unha sesión vermú que foi a antesala da tradicional comida popular na Carballeira de Mosteiro. Xogos tradicionais e creativos, charangas e orquestras serán os responsables de compeltar un programa festivo para todos os públicos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...