InicioLugo e contornaLugoO PSOE asegura que non tanteou a Manuel Martínez como candidato

O PSOE asegura que non tanteou a Manuel Martínez como candidato

"Non queremos persoas así", incide Pilar García Porto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, cualificou este mércores de “fantasía”, as declaracións realizadas por Manuel Martínez sobre supostos ofrecementos para encabezar unha lista socialista nas próximas municipais, “unha ilusión que non se lle vai a cumprir”.

“O señor Martínez mente. Non dubidamos de que lle gustaría que fose así porque está totalmente amortizado, pero, desde logo, nin o fixemos, nin o faremos. O PSOE non quere e, por suposto, non presenta ás eleccións, a persoas como esta, que non cren, nin seguramente nunca creron, nos valores que defendemos no noso partido, e que se moven en exclusiva pola súa ambición persoal”, dixo García Porto.

A Secretaria de Organización dos socialistas na provincia considera que “a falsidade das declaracións de Martínez” responde “á súa desesperación” porque o seu proxecto “está esgotado, non existe”.

“Está claro que o señor Martínez necesita protagonismo, pero desde o PSOE non llo imos a dar en ningún caso”, asegurou García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...