InicioCultura‘Feira e Festa da Música e da Arte’ en Pardiñas

‘Feira e Festa da Música e da Arte’ en Pardiñas

Esta fin de semana, 6 e 7 de agosto, terá lugar a enxebre romaría cultural que este ano chega á súa XLIII edición. O pregoeiro do festival será Séchu Sende e, como cada ano, a oferta musical e de actividades paralelas destacará pola súa variedade e calidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Xermolos, comprometida coa tradición e cultura do noso pobo, vén organizando dende o 1980 o Festival de Pardiñas, un encontro que ten como fío condutor a música folk e tradicional galega e doutros lugares do mundo. Paralelamente organízanse moitas máis actividades, algunhas con carácter previo á fin de semana grande, neste caso os días 6 e 7 de agosto, e outras que se desenvolven no transcurso da mesma.

Salientar a importante Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, que este ano chega á XXIX edición, ou a de Artesanía, que festexa a súa XLIII edición. O pregoeiro destas dúas mostras será Xerardo Fernández Santomé que falará o sábado ás 17:00 h.

Outras actividades paralelas a salientar este ano son, por exemplo, o ‘V Aberto de Billarda’ o sábado ás 16:00 h. e grazas á implicación do Varal Liga Nacional de Billarda (LNB), a Carreira Popular –sábado 9 ás 19:00 h.–, un obradoiro de baile tradicional e un espectáculo infantil con Abracadáver –domingo 7 ás 16:30 h.–

O pregoeiro do Festival de Pardiñas deste ano será o activista cultural e escritor Séchu Sende, que segundo nos dixo é para el unha honra inmensa, “Para min é algo impresionante e a responsabilidade é moita”, dixo. Respecto ao pregón non quixo desvelar nada e non quedará outra que asistir ao mesmo o domingo ás 19:00 h.

CONCERTOS

O sábado 6 actuará pola mañá Xirifeiros e a partir das 22:00 h. Comando Curuxás e Ruxe-Ruxe como representantes de Galiza, No Reply dende Madrid, e Fourth Moon chegados de Escocia.

O domingo 7 pola tardiña, ás 18:00 h. actuarán as Pandereteiras Ultreia e a partires das 20:30 h. Carapaus, Tandub e Festicultores representando a Galiza e Xabi Aburruzaga chegado de Euskadi.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e tres feridos na UCI, entre eles os seus fillos menores, nunha saída de vía en Xermade

Unha muller morreu na tarde deste luns nunha saída de vía en Xermade, na que...

Un condutor, que circulaba co carné fóra de vixencia, négase a pasar o control de alcolehemia en Lugo

Un condutor negouse a someterse ás probas de alcoholemia en Lugo e, ademais, a Policía...

Rueda ratifica a creación do edificio con 50 aloxamentos compartidos para mozos na rúa Illa Coelleira da cidade de Lugo

Lugo cidade e a provincia centraron este luns a reunión semanal do Executivo autonómico,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que...