InicioPolíticaPSdeG e BNG: "Elena Candia non vive en Lugo e nin está...

PSdeG e BNG: “Elena Candia non vive en Lugo e nin está censada na cidade”

Din que só vai nas listas para aspirar á Presidencia da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tanto o PSdeG-PSOE como o BNG teñen claro que a presidenta do PP na provincia de Lugo e recentemente desvelada como candidata á Alcaldía da capital, Elena Candia, será a líder da oposición tras as eleccións municipais de 2023.

Desde as filas socialistas, o vicesecretario provincial do partido e alcalde de Castroverde, José María Arias, valorou de “forma positiva” para a alcaldesa e candidata do PSOE, Lara Méndez, que o PP leve á que durante tres meses, en 2015, foi presidenta da Deputación de Lugo.

O ‘número dous’ do PSOE provincial destacou que Méndez é xa “unha alcaldesa consolidada (cumprirá oito anos), que ten a súa familia en Lugo, que leva anos en Lugo e que antes foi vicepresidenta da Deputación”.

Iso si, aínda que admite que Candia, exrexedora de Mondoñedo, é “unha boa rival, porque é boa política”, Arias recoñece que “aínda así é alcanzable para que o PSOE obteña un bo resultado”.

Por parte do BNG, o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, dixo “respectar os procesos internos” doutros partidos, pero ve “totalmente negativo que a futura líder da oposición no Concello de Lugo sexa unha persoa que non vive en Lugo”.

“Non viviu nunca na cidade, non está censada en Lugo e non ten ningunha vinculación con Lugo. Na oposición é moi importante que a persoa que a lidere non estea totalmente desconectada da cidade. Candia só vai nas listas para poder aspirar a presidenta da Deputación e iso é moi negativo para Lugo”, censurou o nacionalista.

Neste contexto, Arroxo reivindicou que “Lugo ten que seguir avanzando e tense que ter un proxecto político claro”. “Isto non pode ser un trampolín, porque é unha falta de respecto para Lugo”, lamentou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...