InicioSociedadeAcepta seis meses de cárcere por distribuír pornografía infantil por Internet

Acepta seis meses de cárcere por distribuír pornografía infantil por Internet

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de mediana idade aceptou seis meses de prisión por un delito de corrupción de menores en Lugo, logo de alcanzarse un acordo de conformidade no xuízo que se ía celebrar no Xulgado do Penal número 2 da cidade.

Segundo o relato fiscal, no curso dunha investigación sobre distribución de pornografía infantil a través de Internet, o 2 de decembro de 2016 procedíase á entrada e rexistro do domicilio do procesado, do que non constaban antecedentes penais.

No rexistro interviñéronse un computador, unha tableta, así como distintos dispositivos de almacenamento e outros aparellos electrónicos onde foi achado “material de contido pornográfico”. En concreto, contiñan máis de 3.000 arquivos nos que aparecen menores de idade e que o acusado tería para “o seu propio uso”.

A Fiscalía cualificou os feitos dun delito de corrupción de menores polo que pedía unha pena dun ano de prisión e liberdade vixiada durante os dous anos posteriores, coa obriga de participar en programas de educación sexual.

Antes da vista, a avogada do acusado, que preferiu manter o seu anonimato, constataba que finalmente se alcanzaba un acordo de conformidade coa Fiscalía, polo que se lle condena ao seu cliente a seis meses de prisión. Non consta nin indemnización, nin multa por estes mesmos feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...