InicioEconomíaOs Xornais de Lugo, do lado da innovación no gran día do...

Os Xornais de Lugo, do lado da innovación no gran día do CEI Nodus

Autoridades, escolares e empresarias interesáronse polo proxecto emprendedor e innovador de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña

PUBLICADA O

- Advertisement -

A piques de celebrar cinco meses de actividade, os Xornais de Lugo tiveron a oportunidade de compartir o seu proxecto na xornada de portas abertas do CEI Nodus, o Centro de Empresas e Innovación de Lugo. O complexo de Garabolos atópase na actualidade no cen por cen de ocupación nos 27 espazos para empresas, entre o viveiro, o sementeiro, os obradoiros e laboratorios e a Aula Coworking.

Entre os protagonistas da innovación e o emprendemento da provincia estivo Xornal de Lugo S.L., matriz dos tres xornais que abranguen os temas de interés dos 67 concellos lucenses e as comarcas galegofalantes estremeiras do Eo e O Bierzo. A rede que compoñenXornal da Mariña, Lugo Xornal e Xornal de Lemos constitúe a primeira iniciativa xornalística en galego que vencella estas zonas. Os tres medios están asociados a Xornal de VigoGaliciaConfidencial, que achega soporte técnico e comercial.

A xornada de portas abertas comezou ás 10.00 horas do venres coa visita institucional. Cada hora, grupos guiados puideron apreciar os diferentes proxectos emprendedores sitos no CEI Nodus, abertos a curiosos e futuros inversores, e a feria expositiva. A ocasión supuxo o colofón dun mes vibrante, logo do Demoday, a presentación en comunidade de 18 iniciativas empresariais. Toda unha oportunidade para amosar o modelo de xornalismo que propugnan os novos Xornais de Lugo.

Para a tardiña quedou o mellor do programa de Mujeres Empresarias, un homenaxe ás emprendedoras. Xunto coa animación e o karaoke para os cativos presentaron o Taller Global Muiñeira, para logo rematar a festa co concerto Voces de Muller. Dende as 19.00 horas, os decibelios correron a cargo de Sara Fernández Arias, Alexandra Pérez, Verónica Cambón, Raiceira, Rut León e David Taboada, Chigliak, West Side Bones e Barbarian Prophecies.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...