InicioLugo e contornaO PP suspende polos incendios o comité do que ía saír o...

O PP suspende polos incendios o comité do que ía saír o candidato á Alcaldía de Lugo

O PP de Lugo suspendeu, debido á vaga de incendios, o comité de dirección provincial do que ía saír o candidato ou candidata á Alcaldía da cidade amurallada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo suspendeu, debido á vaga de incendios, o comité de dirección provincial do que ía saír o candidato ou candidata á Alcaldía da cidade amurallada. A presidenta do PP lucense e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia, confirmou a suspensión deste comité que se tería que reunir o pasado luns. Aínda non se puxo “data” para este encontro e non se fixará “ata que a situación non estea controlada”.

Sobre a convocatoria, a tamén exalcaldesa de Mondoñedo aclara que “esa información a ten que dar o partido a nivel galego”. “Eu só sei que o comité de dirección que había este luns, por razóns moi xustificadas, polos incendios, pospúxose ata que as circunstancias melloren. Ía ser este luns ao cinco e media da tarde”, puntualizou.

Polo demais, a presidenta do PP de Lugo apremou a que se “habiliten as medidas e os instrumentos de axudas para que cheguen ás poboacións” afectadas polos lumes “canto antes”. “E que estas axudas sexan en grao sumo garantistas e proteccionistas para un territorio e para unha xente que demostrou que queren e coidan da súa terra e da contorna e merecen o mellor”, reivindicou.

Seguidamente, Elena Candia expresou a súa “solidariedade e apoio para os rexedores locais que tamén van requirir fondos e axudas para recompor unhas consecuencias moi negativas para os seus concellos que tanto defenden e que tanto queren”.

“Coa implicación de todas as administracións teñen que porse encima da mesa axudas a disposición duns territorios tan castigados. Tentar na medida do posible mitigar as consecuencias tan negativas” provocadas por esta vaga de incendios, concluíu a líder dos populares de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...