InicioSociedadeArde o Courel e, agora, tamén os Ancares

Arde o Courel e, agora, tamén os Ancares

Hai alerta por proximidade dos lumes a un núcleo de poboación en Folgos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería tamén solicitou que se active o nivel 2 de alerta por proximidade ás casas nun dos incendios activos na parroquia de Vilamor, no municipio lucense de Folgoso do Courel. En concreto, pola proximidade ao núcleo de Parada de Montes.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, afirmou que o incendio “saltou cara a outra ladeira”, “incluso saltando a propia devasa”, e asegurou que están “desbordados”.

Segundo as últimas cifras de Medio Rural, a superficie afectada neste incendio, que se iniciou ás 20,25 horas deste xoves, é de 500 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 19 axentes, 25 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 7 helicópteros.

Na mesma localidade, Na parroquia de Seceda, continúa decretada a alerta por proximidade a un núcleo habitado no incendio que se iniciou ás 1,40 horas do venres, e que, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada mantense en 1.100 hectáreas.

O lume está próximo ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, situada en Samos, municipio limítrofe. Neste incendio traballaron un total de 19 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 6 avións e 6 helicópteros. Tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

A alerta segue tamén decretada nun incendio da parroquia de Vilamor, en Folgoso, onde as chamas están preto do núcleo de Carballal. Este incendio empezou ás 20,42 horas deste xoves e mantense en 300 hectáreas queimadas, segundo as estimacións provisionais. Combaten as chamas 6 técnicos, 19 axentes, 30 brigadas, 20 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros.

ACTIVO UN INCENDIO EN CERVANTES

Así mesmo, a Xunta informou dun novo incendio forestal na provincia de Lugo. Neste caso, no municipio de Cervantes, na parroquia de Donís. Polo momento, a superficie afectada supera as 20 hectáreas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...