InicioSucesosMorre unha muller en Guntín ao saír da vía o vehículo que...

Morre unha muller en Guntín ao saír da vía o vehículo que conducía

O suceso ocorreu sobre as 14,30 horas, pola estrada N-550 na parroquia de Pradeda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller faleceu e un home resultou ferido de consideración tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban, sobre as 14,30 horas, pola estrada N-550, no municipio de Guntín, en concreto, na parroquia de Pradeda.

Segundo trasladou o 112 Galicia, ata o lugar acudiu a Garda Civil e os servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da muller. Por outra banda, tamén foron mobilizados os Bombeiros de Chantada, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención. Ademais, o 112 Galicia tamén informou os feitos ao GES de Monterroso.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...