InicioSucesosAs fortes treboadas deixan unha decena de incidencias na cidade de Lugo

As fortes treboadas deixan unha decena de incidencias na cidade de Lugo

Non ocasionaron danos materiais nin persoas feridas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As fortes treboadas rexistradas na tarde do xoves deixaron unha decena de incidencias na cidade de Lugo, segundo os datos facilitados polo concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

Segundo Fernández, foron incidencias de “pouca importancia” que non ocasionaron nin danos materiais nin feridos”. As principais rexistráronse na Avenida Infanta Elena, en Camiño da Roca, na estrada de Meira, na saída da Fervedoira, na zona de Conturiz, na estrada que vai de Santa Corda ao Páramo, en Barbaín, na estrada de Ombreiro e en Fingoi.

Doutra banda, explicou que os servizos de limpeza están “desde primeira hora” limpando de forma integral as rúas da cidade para retirar as follas, papeis, así como o resto de residuos e da área que removeron os fortes ventos rexistrados”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...