InicioSucesosCorte na A-6 despois de derrubarse un viaduto en obras entre o...

Corte na A-6 despois de derrubarse un viaduto en obras entre o concello de Pedrafita do Cebreiro e o leonés Vega de Valcarce

O desprendemento afectou a un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do referido viaduto que desde hai case un ano está a ser obxecto de traballos de reparación, aínda que no outro viaduto provisto de dous carrís en dirección Madrid continuaba aberto ata este martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes informa de que se efectuará un corte da circulación na A-6 na zona na que se derrubou un viaduto en obras entre a localidade leonesa do Castro e o municipio lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Así, durante as obras de rehabilitación no viaduto do Castro, en Vega de Valcarce, produciuse este martes a caída dun van, aínda que non se produciron vítimas.

Deste xeito, o Ministerio indica que se decidiu desviar o tráfico da A-6, no seu quilómetro 431, pola N-V. Este departamento apunta que esas obras, que se realizan desde hai un ano, iniciáronse tras os traballos de inspección derivados do sistema de xestión de pontes da Rede de Estradas do Estado.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Estradas comezou o estudo diagnóstico para determinar as causas do suceso.

O desprendemento afectou a un tramo duns 50 metros entre dous alicerces do referido viaduto que desde hai case un ano está a ser obxecto de traballos de reparación, aínda que no outro viaduto provisto de dous carrís en dirección Madrid continuaba aberto ata este martes.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...