InicioLugo e contornaLugoLugo aprobará o 5% do PXOM pendente de aprobación desde hai unha...

Lugo aprobará o 5% do PXOM pendente de aprobación desde hai unha década

"É un documento revisado da PXOM coa subsanación das apreciacións sinaladas pola Xunta á totalidade do ámbito territorial que non foi obxecto de aprobación no ano 2012", aclarou a alcaldesa, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, na xunta de goberno do mércores, dará o visto e prace á documentación coa que se emenda as apreciacións da Xunta para o desenvolvemento do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) pendente de desenvolver, en suspenso desde hai unha década.

En 2011, a Xunta esixía unha serie de modificacións que agora van recollidas no informe que se traslade ao Goberno galego. Así, apróbase na reunión semanal do goberno local do mércores e irá a pleno extraordinario o 17 de xuño para a súa aprobación.

“É un documento revisado da PXOM coa subsanación das apreciacións sinaladas pola Xunta á totalidade do ámbito territorial que non foi obxecto de aprobación no ano 2012”, aclarou a alcaldesa, Lara Méndez.

Así, Méndez cualificou a aprobación de “fito” para a “cidade e para o crecemento “sustentable” do municipio lucense, que permitirá o desenvolvemento deste chan que arrastraba unha década de incertezas administrativas, freando o aproveitamento do territorio de forma moi significativa no ámbito rural, pero tamén coartando a expansión industrial da cidade”.

ASENTAR POBOACIÓN NO RURAL

A alcaldesa de Lugo detallou que “de 54 parroquias no rural, 21 permanecían pendentes desta aprobación”. En chan rural permitirase “o desenvolvemento de 915.000 metros cadrados de chan urbanizable delimitado, o que permitirá asentar poboación” e terminar coa incerteza en 70 núcleos rurais.

Ademais, Lara Méndez concretou que se contemplan “outros 985.000 metros cadrados de chan urbanizable delimitado periurbano, cunha capacidade de uso residencial para 7.750 vivendas das cales o 35 por cento serán públicas”.

“Tamén posibilitará a transformación dun 1.364.000 metros cadrados máis de chan urbanizable industrial para a implantación de actividades económicas”, pormenorizou Méndez.

Así mesmo, esta rolda de prensa serviu para a reincorporación, tras máis dun ano de baixa, do concelleiro de Urbanismo Sustentable e ex secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...