InicioSociedade30.000 plantas en flor enchen de cor prazas e rúas de Lugo

30.000 plantas en flor enchen de cor prazas e rúas de Lugo

Os traballos de axardinamento deron comezo esta semana e ampliaranse a un total de 26 contornas urbanas, 12 máis que en anos anteriores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente ornamenta estes días as zonas verdes de toda a cidade con máis de 30.000 plantas en flor. Trátase de 18 variedades, entre as que destacan begonias, petunias, dahlias ou celosías, que tinguirán de cor os xardíns da capital e outros espazos públicos como prazas e mesmo rúas.

En total, este ano, a área que dirixe Miguel Fernández estenderá a campaña de primavera a un total de 26 localizacións, 12 máis que en anos anteriores, co obxectivo, segundo sinalou o propio edil, “de mellorar a estética de Lugo no seu conxunto e crear contornas vistosas que conviden ao desfrute destes emprazamentos tanto por parte da veciñanza como dos e das turistas que nos visiten”.

Os traballos, que teñen un tempo moi limitado para poder executarse debido aos condicionantes que impón a plantación, comezaron esta semana no Centro Histórico pero tamén en barrios como o da Piringalla.

A alcaldesa, Lara Méndez, explicou que “”este 2022 no que volvemos saír ás rúas xa sen restricións sanitarias e sen imitacións temporais, quixemos ser máis ambiciosos e ampliar a decoración floral e paisaxística daqueles puntos da capital que contan con espazos de esparexemento ou zonas comúns ás que a pandemia outorgou un valor engadido como lugares de socialización”.

Así, a renovación da decoración vexetal chegará por primeira vez ás prazas de Bretaña, Milagrosa, San Xoan, Agro do Rolo, Manuel María – Túnel do Oural e Fonte dos Ranchos; aos xardíns de San Roque, ás avenidas de Madrid e de Adolfo Suárez, á Ponte de Paradai, á Rolda Xosé Castiñeira e ás medianas da rúa Illa de Man.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...