InicioSucesosDetida unha parella con máis de 80 quilos de marihuana en Lugo

Detida unha parella con máis de 80 quilos de marihuana en Lugo

O domicilio "estaba convertido nunha industria da droga".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, detivo unha parella de 30 anos por un delito de trafico de drogas, ambos sen antecedentes, aos que interveu máis de 80 quilos de marihuana.

Segundo informou a Policía Nacional, a investigación policial determinou que dita parella traficaba con marihuana e, por iso, imputóuselles un delito contra a saúde pública, polo que foron detidos.

Posteriormente, realizouse un rexistro no seu domicilio, no que se interviñeron 85 quilogramos de marihuana, máis de catro quilos de haxix, un quilo de sustancia branca sen identificar e “todo tipo de obxectos necesarios para a manipulación e venda da droga”, engade a Policía.

As sustancias estupefacientes, puntualizaron as mesmas fontes, chegaban “por medio de transporte ordinario”. A Policía Nacional subliñou que o domicilio “estaba convertido nunha industria da droga”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...