InicioLugo e contornaLugoDetidos dous mozos en Lugo cun quilo e medio de droga enviada...

Detidos dous mozos en Lugo cun quilo e medio de droga enviada desde Andalucía

Desarticulouse un novo punto de venda de droga na zona da Milagrosa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a dous homes de 25 anos de idade como autores dun delito de tráfico de drogas, aos que interviñeron máis de doses de haxix e eran destinatarios de senllos paquetes con haxix e marihuana remitidos desde Andalucía.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos enmárcanse nunha operación da Comisaría da Policía Nacional da provincia de Málaga, dirixida por un xulgado malagueño, e deron lugar á detención destes dous homes en Lugo.

No caso da cidade de Lugo, ademais desarticulouse un novo punto de venda de droga na zona da Milagrosa, destacou a Policía Nacional. Estes dous homes eran os destinatarios de senllos paquetes enviados desde Andalucía, os cales contiñan medio quilogramo de haxix e un quilogramo de marihuana.

Doutra banda, unha vez procedeuse á detención dos dous mozos e a realización dos rexistros, interviñéronselles máis de cen doses de haxix, balanzas de precisión e diverso utillaxe para a manipulación da droga.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...