InicioEconomíaA subdelegada do Goberno en Lugo defende políticas activas de emprego e...

A subdelegada do Goberno en Lugo defende políticas activas de emprego e a FP para “seguir baixando o paro”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sinalou como puntos “chave” na loita contra o paro as políticas activas de emprego e a modernización da Formación Profesional. Así, destacou os 84 millóns de euros de transferencias que recibiu Galicia o ano pasado do Plan de Modernización da Formación Profesional.

Rodríguez expresouse así este xoves na inauguración da I Feira de Emprego e Talento organizada pola Asociación de Empresarios dos Polígonos do Ceao – As Gándaras, onde indicou ademais que o emprego é un vital na axenda política do Goberno.

A subdelegada aproveitou a visita para animar aos empresarios lucenses a optar ás numerosas convocatorias do Goberno para captar fondos do Plan de Recuperación, “unha oportunidade única que sería pouco intelixente non aproveitar”.

“As estatísticas proban que imos na boa dirección, onte mesmo soubemos que en abril baixou o paro en España e tamén na provincia de Lugo, onde o descenso foi do 2,79% respecto ao mes de marzo e do 16,20% en comparación con abril do ano pasado”, explicou.

A pesar dos “bos” datos, Rodríguez matizou que quedan “retos que afrontar”, motivo polo que, segundo sinalou, o Goberno ten previsto aprobar este ano a nova Lei de Emprego que, “cunha profunda transformación do Servizo Público de Emprego Estatal, co obxectivo de que exerza un papel crave de acompañamento nos procesos de cualificación dos traballadores durante toda a súa vida laboral”.

Tamén a este respecto lembrou que o SEPE creou recentemente o Portal Único de Emprego, Emprégache, para ofrecer un lugar de contacto a todas as persoas que buscan emprego e a todas as empresas que procuran talento. “Actualmente, trabállase no desenvolvemento dunha ferramenta que aproveite a intelixencia artificial para coñecer as ocupacións máis demandadas polas empresas en cada provincia, unha información que é básica para poder formar aos traballadores coa finalidade de satisfacer a dita demanda”, comentou.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...