InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo inaugura este fin de semana en Ribas de...

A Deputación de Lugo inaugura este fin de semana en Ribas de Sil e A Pontenova un programa de turismo activo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo inaugura este fin de semana a segunda edición do programa de turismo activo e de aventura ‘Actívate’ nos concellos de Ribas de Sil e A Pontenova con actividades vinculadas ao sendeirismo e á espeleoloxía.

A través desta iniciativa, a institución ofrecerá os fins de semana ata xullo un total de 26 actividades gratuítas para todos os públicos ao aire libre en máis dunha vintena de concellos da provincia.

Segundo informou a Deputación de Lugo, o programa ten como obxectivo “seguir apoiando ao sector turístico, a hostalaría e o comercio e, ao mesmo tempo, avanzar nun modelo de turismo de calidade e sustentable”, que pon en valor o “rico e diverso” patrimonio da zona e que “dinamiza” a economía e o emprego, sobre todo no rural.

A programación conta cun total de 450 prazas, entre 15 e 20 por actividade. As inscricións ábrense progresivamente todos os venres, cunha semana de antelación, ata completar o calendario. As persoas interesadas poden anotarse na web da Deputación. Algunhas disciplinas que ofrece son sendeirismo, surf, piragüismo, kaiak, vea, trekking, escalada ou equitación.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...