InicioEconomíaAberto o prazo para solicitar as axudas da Deputación para impulsar o...

Aberto o prazo para solicitar as axudas da Deputación para impulsar o territorio de reservas da biosfera

Trátase dunha iniciativa que inclúe dúas liñas de actuación: unha dotada de 45.000 euros para a reserva Terras do Miño e unha segunda, por 38.000 euros, para os Ancares Lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu este martes e ata o 2 de maio o prazo para que entidades sen ánimo de lucro poidan solicitar axudas para desenvolver actuacións e proxectos vinculado ao medioambiente e ao rural que impulsen as reservas das biosferas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este luns a convocatoria, que prevé un orzamento total de 83.000 euros. Toda a información pode consultarse na web https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/subvencionsrrbb

Trátase dunha iniciativa que inclúe dúas liñas de actuación: unha dotada de 45.000 euros para a reserva Terras do Miño e unha segunda, por 38.000 euros, para os Ancares Lucenses. A Deputación outorgará ás entidades beneficiarias entre 1.000 e 7.000 euros por proxecto.

Os municipios que poden solicitar a subvención son Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, no caso dos Ancares Lucenses; e Abadín, Alfoz, Baralla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Muras, Ourol, Outeiro de Rei, O Páramo, A Pastoriza, Pol, Rábade, Riotorto, O Valadouro, Vilalba e Xermade, en caso de Terras do Miño.

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...