InicioPolíticaA bandeira galega coa estrela vermella non estará no cuartel de San...

A bandeira galega coa estrela vermella non estará no cuartel de San Fernando de Lugo

O PP pedíu xa unha investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informou de que xa ordenou a retirada da estreleira, a bandeira galega con estrela vermella, colocada no cuartel de San Fernando, sobre o que o PP local pediu abrir unha investigación.

O Concello trasladou que “non se permite colocar bandeiras ligadas a formacións políticas en edificios públicos” e que por tanto mandouse “retirar”.

O goberno de Lara Méndez lamenta, así mesmo, que o PP “non dedique o seu tempo a defender os intereses dos lucenses”, facéndose eco da petición para que a Xunta “financie” a recuperación do cuartel como museo da romanización, un compromiso adquirido cos veciños e que “se nega a cumprir”, a pesar de que é un BIC e os restos arqueolóxicos son de titularidade da Xunta.

“Resulta lamentable que Feijóo marche a Madrid tamén sen cumprir este compromiso con Lugo e coa alcaldesa na reunión que mantiveron este mandato”, manifestou o goberno local, que insta “o señor Carballo a elixir se traballa por Lugo ou por manter o seu escano no Parlamento”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...