InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo acusa ao Concello de "complicidade" pola colocación dunha...

O PP de Lugo acusa ao Concello de “complicidade” pola colocación dunha bandeira independentista

O emblema foi disposto no Cuartel de San Fernando.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular envioulle á alcaldesa, Lara Méndez, unha petición para que “identifique e sancione” ás persoas que colgaron este fin de semana unha bandeira independentista no cuartel de San Fernando.

Os populares achegan fotografías, que tamén incluíron no seu comunicado aos medios, “nas que se ve a un grupo dunhas oito persoas que portaban varias bandeiras mentres un deles subían a unha escaleira para colocar na fachada do cuartel, catalogado como Ben de Interese Cultural”, inciden.

O viceportavoz popular en Lugo, Antonio Ameijide, espera que a alcaldesa “ordene abrir inmediatamente unha investigación ante esta provocación”, xa que se trata de “un acto premeditado que se fixo á plena luz do día”. Ameijide recrimina que ata o momento “non houbese ningunha declaración pública do goberno local sobre estes feitos”, e conclúe que “resulta curioso e moi revelador ver o silencio cómplice tanto do PSOE como do BNG ante este acto propagandístico”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...