InicioEconomíaO Ministerio de Transportes adxudica as obras de catro túneles da ...

O Ministerio de Transportes adxudica as obras de catro túneles da A-6, na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou, por un importe de 8,4 millóns de euros, as obras de adecuación ao Real Decreto 635/2006 dos túneles de Neira, San Pedro, Doncos e Cereixal, na autovía A-6, na provincia de Lugo.

Dita actuación, segundo informa, enmárcase nas previsións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para mellorar as condicións de seguridade e viarias da Rede de Estradas do Estado.

O Real Decreto 635/2006, de 26 de maio, sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado, establece a transposición da Directiva 2004/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2004, sobre requisitos mínimos de seguridade para túneles da rede transeuropea de estradas.

Esta actuación, engade, responde á necesidade de adaptar os túneles da Rede de Estradas do Estado á citada normativa nos termos de equipamentos e instalacións de seguridade que o desenvolvemento actual das infraestruturas de transporte esixe.

Sobre estas obras, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, remarca que responden á necesidade de adaptar os túneles “á normativa europea en termos de equipamento e instalación de seguridade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...